lunes 9 de junio de 2008

Primeiras Camisetas!

Porfin! Tolemialab lanza coa chegada do verán as súas primeiras camisolas. Con esto xa podemos dicir que estamos a pleno rendimento, ata sufrimos o primeiro roubo dunha delas e andamos xa case rematando o deseño da seguinte!. Eiquí as tedes:

Forza Tassotti
En cores rosa claro e gris claro




Pd's Alive
En azul, marrón e marrón area. Este modelo inclúe un agasallo sorpresa por parte dos Pd's Alive, colectivo de pinchadiscos de Vila de Cruces.



Por suposto, estas camisolas están dispoñibles en múltiples tallas. Para conseguir unha só tes que contactar con nós: info@tolemialab.com

miércoles 26 de marzo de 2008

TolemiaLab Futbol Sala



Éxito rotundo o do equipo fundado por TolemiaLab con motivo do Maratón de Fútbol Sala de Vila de Cruces...A pesares de ser un equipo xoven (polo pouco tempo de vida que ten...), o ben facer dos seus compoñentes acadou o obxectivo prioritario, o paso da primeira fase, non sen sufrimento e tralo empate no derradeiro encontro contra o equipo de Meixome cun resultado de 2 goles a 2.


Queremos dar as gracias aos nosos xogadores (aos que vedes na foto, agás Urraca e Puga), así como aos siareiros que deron boa conta dos logros do noso equipo con cada un dos seus berros de ánimo (memorable o coreo do "Mauro, Mauro" que algúns entendían como "Tongo, tongo")...


Sen máis, dar a nosa felicitación á organización (Discóbolo) e ao resto de equipos que deron un espectáculo impresionante, conseguindo records de asistencia aos encontros finais.

miércoles 13 de febrero de 2008

A Viniloxic Collection, unha nova forma de facer chapas


O laboratorio de I+D+I sacou unha nova idea, unhas chapas feitas dun xeito distinto ao habitual, co que conseguimos un acabado diferente e impactante á vez que atractivo.


As chapas saen un pouco mais caras pero vale a pena

miércoles 21 de noviembre de 2007

Tempo de chapas!....Seica Chove Coleccion

Coas primeiras chuvias deste inverno podes escomenzar a desfrutar da nova colección de chapas TolemiaLab. Como ben dicían os Yellow Pixoliñas: "Trona en Baiona, Chove no Grove, Neva en Manzaneda, Hai feira en Ferreira, Orballa en Baralla, Xea en Moreda, O sol quenta en Muimenta, Hai rodaballo en Carballo (de Lor), Un terremoto en Boimorto, Un ciclón en Escairón, Marea negra en Pontevedra, Lume. ¡onde hai lume hai fume case sempre!"......desfrutade das nosas chapas!

Avanzamos "de apouco"

Pois iso, as mentes pensantes de Tolemia non dan a basto. Andamos mirando o tema camisetil, ademáis de crear novas chapas.

En concreto, andamos a mirar a marca máis axeitada para os nosos propósitos, tentando atopar a que nos ofreza a mellores garantías de calidade e a maior diversidade de cores (ou poucas cores pero bonitas.

No tema das chapas, imos facendo máis e máis, que próximamente subiremos eiquí para que as poidades ver, ademáis dunha segunda colección, da que vos deixo unha mostra.
Por último, falarvos do tema web. Está un pouco paradiño, pero con eso non queremos dicir que non se mire. En concreto, andamos estudiando como mostrarvos os productos á venda, ademáis de crear a forma de poder escoller o que che gusta e facer un pedido online. Imos pouco a pouco, pero pronto chegarán as novidades.

Esperadenos!

viernes 26 de octubre de 2007

Fondo Submarino collection

Para os amantes da pesca submarina ou dos peixes en xeral tamén para todos aqueles que queredes un acuario pero sale caro de manter, incluso para os que bos gusta o marisco esta colección de chapas exclusiva de TolemiaLab pode ser o que andaabades a buscar.
Polo de agora consta de oito chapas pero iranse engadindo novas "especies" para desfrute do persoal.
Ala, apurade que nolas quitan das mans...

martes 23 de octubre de 2007

Chapas en Outubro (Parte 1)

Pois iso, unhas novas chapas xa as temos en circulación...algúns xa as adquiriron, e os que as queirades so tedes que poñervos en contacto con nos (info@tolemialab.com) ou pasarvos polo Pub Cactus de Vila de Cruces que ali temos o noso primeiro expositor.

Próximamente esperamos chegar a máis puntos de venda...e esperamos que haxa polo menos unha do voso agrado....

Actualmente temos a Morta en pleno proceso creativo, ademáis de que tentaremos arranxar o tema camisetil nas vindeiras semanas...

lunes 22 de octubre de 2007

Por fin existimos!

A primeira medida para que TolemiLab sexa unha realidade...O noso blog, de momento en blogger, no que iremos publicando todas as novidades que vaian saindo, e á espera de fundar a nosa web completa. Unha dúbida temos que resolver...¿Galego?, ¿Castelán? ¿Os dous?....esperamos solventalo en breve....Visitádenos!